Dobre Actividade Paranormal en 2014

0
244

A Paramount Pictures ven de decidir que plans ten ao respeito da súa rendíbel franquía Paranormal Activity cando a quinta entrega ainda non entrou en produción.

Hai un par de semanas soubéra-se que a película adiára-se e que non sería estreada, coma era habitual, no mes de outubro, senón no mes de xaneiro de 2014.

Agora, a compañía decediu outro adiamento mais importante, e Paranormal Activity 5 non aparecerá nas salas de cinema até o 24 de outubro de 2014. Greg Plotkin, o editor dos tres últimos filmes da saga, semella o elixido para dirixir o novo capítulo.

Nombergantes, os fans da franquía van-se ver satisfeitos mália o atraso. A versión latina da película, dirixida por Christopher Landon, aparecerá moito antes e seica xa tivo un grande recebimento coas audiéncias de proba.

Coma resultado, a Paramount decediu que estreará a versión para o público latino o 3 de xaneiro de 2014, cambiando asemade o título orixinal, que ía ser The Oxnard Tapes, a Paranormal Activity: The Marked Ones.