Vin Diesel é a voz dunha árbore

0
325

A incorporación ao reparto de Vin Diesel coma voz da árbore falante Groot na vindeira película da Marvel Studios Guardians of the Galaxy ven de crear moitas dúbidas. Os fans pregúntan-se por que Vin non foi elixido para interpretar ao malvado Thanos, ou ao robot Ultron na segunda entrega da saga dos Vingadores.

No seu lugar, Diesel foi elixido para un papel moi inferior, no que tan só ten un par de liñas. Pero a resposta ás dúbidas ven da man do mesmo actor, nunha entrevista concedida ao Los Angeles Times:

Son un actor. Podo facer o que me saia dos… Coma actor, non todo ten que ser a elección mais óbvia. E ás veces, o millor que podes facer é — coma di Steven Spielberg e o seu consello — desafiar as expectativas.

Así que se alguén coida que vas ir a por esta cousa pero no seu lugar cáe-che o persoaxe mais estraño da Marvel, é interesante. E cando algo é interesante, é inspirador“.

Guardians of the Galaxy está a médio filmar, e Vin dixo que o seu calendário de rodaxe foi tamén un factor determinante na súa decisión:

Iso é. Estou moi ocupado. A audiéncia quería a Vin e á Marvel, a Vin e á Marvel. pero eu estou moi ocupado para un papel de seis meses. Así que o que a Marvel pfreceu é moi interesante… estou a ver unha onda de influéncia social e nalgúns xeitos guiando o seu pensamento“.