Bale e Edgerton, riváis no Éxodo

0
282

Joel Edgerton está a manter discusións preliminares para interpretar ao faraón Ramsés na vindeira fita de Ridley Scott, a fantasía bíblica Exodus na 20th Century Fox.

Edgerton deberá enfrontar-se ao xa confirmado Christian Bale neste famoso conto no papel do lendário Moisés, o profeta dos xudeus que lidera ao seu povo para fuxiren da escravitude en Exipto.

Steve Zaillian escribiu o último esbozo do guión da longametraxe, para a que a Fox decidiu ir adiante en canto se soubo que un filme semellante dirixido por Steven Spielberg non acadara a aprobación da Warner Bros. Pictures.