Comeza a rodaxe de Interestellar

868

O novo filme de Christopher Nolan, Interstellar, ven de escomezar a súa produción, coa Warner Bros. Pictures emitindo un comunicado de prensa no que anúncia a nova.

A história vai sobre as aventuras dun grupo de exploradores que fan uso dun recén descuberto burato de verme para sobrepasar as limitacións das viaxes humanas polo espazo e conquistar as vastas distáncias das viaxes interestelares, segundo a nota de prensa.

Christopher Nolan e mais o seu irmán Jonathan Nolan escribiron o guión, na que é a súa primeira colaboración conxunta dende o filme de 2006 The Prestige.

O reparto do filme inclúe a Matthew McConaughey, Anne Hathaway, Jessica Chastain, Bill Irwin, John Lithgow, Casey Affleck, David Gyasi, Wes Bentley, Mackenzie Foy, Timothée Chalamet, Topher Grace, David Oyelowo, Ellen Burstyn e Michael Caine.

Moitos membros da equipa de rodaxe da triloxía de The Dark Knight regresaron para colaborar con Nolan, incluíndo ao compositor Hans Zimmer, o editor Lee Smith, o deseñador de produción Nathan Crowley e mais o supervisor de efectos especiais Paul Franklin.

Tal e coma se fixo cos filmes da triloxía de Batman, esta longametraxe rodará-se cunha mistura de cámaras anamórficasde 35 milímetros e fotografía IMAX. A rodaxe está xa escomezada en Alberta, Canadá.

A Paramount Pictures e mais a Warner Bros. Pictures esperan poder estrear o filme o 7 de novembro de 2014.