Regresará o Emperador a Star Wars?

0
234

Os rumores sobre que persoaxes participarán na vindeira entrega da saga da Guerra das Galáxias están á orde do día e algúns deles son abondo curiosos. Esta semana sóubo-se que o actor Ian McDiarmid podería regresar para interpretar o seu papel do Emperador Palpatine en Star Wars: Episode VII.

McDiarmid interpretou ao Emperador na triloxía orixinal (episódios IV ao VI), e logo ao Senador Palpatine nas precuelas (episódios I ao III). Pero considerando que o seu persoaxe morreu ao remate de Return of the Jedi, o seu regreso podería ser abraiante.

O certo é que nos libros que novelizaron a saga cinematográfica, o persoaxe foi resucitado no corpo dun dos moitos clons que el mesmo creou antes da súa morte.

Por outra banda, onte mesmo soubemos que Ewan McGregor podería regresar igualmente, neste caso coma a forza pantasma no seu papel de Obi-Wan Kenobi.

O actual guión, escrito por Michael Arndt, inclúe unha escena onde aparecen moitos Jedis pantasma que loitan xunto aos humanos nunha batalla.

Alec Guinness interpretou á versión pantasma de Obi-Wan Kenobi na triloxia orixinal, pero a pregunta agora é como van lograr que apareza unha versión pantasma xun Kenobi mais mozo, ou se lle porán maquillaxe a McGregor para face-lo parecer moito mais vello e asemellar-se a Guinness.