Joseph Kosinski entra na Twilight Zone

0
291

O director de Tron: Legacy e da recente Oblivion, Joseph Kosinski, ven de ser confirmado para se encargar dunha longametraxe baseada na clásica série de televisión de ciéncia-ficción de Rod Serling The Twilight Zone para a Warner Bros. Pictures.

As últimas novas que se escoitaran sobre este proxecto de levar a série de televisión ao cinema foran hai dous anos e incluían ao director de Cloverfield e Let Me In, Matt Reeves, coma máxima responsábel do proxecto.

Ao contrário cá anterior adaptación ao cinema que se fixo nos anos 80, e que combinaba tres mini-histórias cada unha dun director diferente, esta vez agárda-se que sexa unha soa e cun só argumento.

Polo de agora houbo moitos guionistas que tentaron sacar adiante o proxecto, e o mais recente foi Anthony Peckham (Sherlock Holmes). Nombergantes, coa incorporación de Kosinski, o mais seguro é que o guión se reescriba totoalmente dende cero.

Leonardo DiCaprio, Jennifer Davisson Killoran e Michael Ireland serán os produtores.