A Universal ven de confirmar que haberá unha secuela da comédia de 2012 Ted, dirixida por Seth MacFarlane. A estrea será o 3 de abril de 2015.
O mesmo MacFarlane deixou entrever a nova nun post na súa conta de Twitter no que dixo que agardaba un lanzamento para a semana santa de 2015. E agora os estudos veñen de confirmar os rumores.
O creador da série de debuxos animados The Family Guy leva os derradeiros catro meses traballando na rodaxe da súa comédia do Oeste A Million Ways To Die In The West que se estreará o 30 de maio de 2014. Pola súa banda, Ted 2 podería comezar a se rodar axiña, mesmo a finais deste ano ou a comezos do vindeiro.