Irvine e Timlin protagonizarán Fallen

0
242

Jeremy Irvine (War Horse) e mais Addison Timlin (Californication) serán os protagonistas do filme que adaptará á pantalla grande a série de novelas de fantasía para adolescentes Fallen, orixinal da escritora Lauren Kate, para a Lotus Entertainment e mais a Mayhem Pictures.

Esta história romántica sobrenatural sureña estará baseada na primeira das catro novelas sobre unha rapaza tímida que é enviada a un reformatório após de ser considerada culpábel da morte dun mozo. Pero alí axiña atopará a dous carismáticos rapaces, sen saber que ambos son anxos caídos que levan séculos loitando por ela.

Scott Hicks (Shine, Snow Falling on Cedars) será o director, mentres ca Michael Ross, Kathryn Price e Nicole Millard adaptaron o guión. Mark Ciardi, Gordon Gray, Bill Johnson e Jim Seibel serán os produtores.