O guionista de Minority Report e The Wolverine, Scott Frank, ven de chegar a bordo do proxecto que adaptará ao cinema o videoxogo Assassin’s Creed da Ubisoft.
O mesmo Frank dixo: “Estou reescribindo Assassin’s Creed xusto agora, e o que mais me gusta é que nunca adaptara antes un videoxogo ao cinema e ten desafíos de seu. Especialmente no mundo das reescrituras, encánta-me facer algo completamente diferente se podo“.
Michael Lesslie escribira os anteriores bocetos para este filme, que será producido pola mesma Ubisoft Motion Pictures e será protagonizado por Michael Fassbender.
O filme ten previsto escomezar a súa rodaxe o ano que ven e estrear-se no verán de 2015.