Nova polémica con Orson S. Card

1233

Se hai algo que a Summit Entertainment gostaría facer agora mesmo é encerrar ao autor de O Xogo de Ender e non deixa-lo saír da súa cela alomenos até unhas cantas semanas despois da estrea do filme Ender’s Game, baseado na súa novela.

Card é o escritor da famosa novela de ciéncia-ficción cuxo filme está a piques de se estrear. Nos últimos meses estivo no ollo do furacán por mor das súas diatribas contra o matrimónio igualitário e polos seus ataques homófobos, consecuéncia de ser membro da relixión cristiana mormona.

Agora ven de saír á luz un post publicado polo mesmo Card no pasado mes de maio no que ataca duramente ao presidente dos Estados uidos Barack Obama, do que di que “podería converter-se nun pequeno dictador sen ningunha oposición interna séria“.

O caso é que non di isto porque Obama estea a espiar Internet nin porque apoie ditaduras e inície guerras no mundo, senón porque segundo Card, Obama está a apoiar aos Irmán Musulmáns en Exipto, recentemente expulsados do governo nun golpe de Estado organizado polo exército daquel país.

Card afirma que Obama é coma Hitler, Napoleón e os ditadores iranianos, e que está contra todas as relixións agás a súa.

A Summit declinou facer comentário algún sobre estas novas.