Nightbreed, o curte do director

999

A Shout! Factory e mais a Morgan Creek Productions veñen de anunciar oficialmente que van lanzar unha nova versión ampliada de Nightbreed, o filme de terror de 1990 que dirixiu Clive Barker, en disco e VOD para o ano que ven.

O filme orixinal vai sobre unha cidade baixo terra habitada por creaturas mutantes e un médico (David Cronenberg) que tenta mata-los a todos. Cando se produciu a estrea, a Fox e mais a Morgan Creek editaran fortemente o filme, reducindo drásticamente a súa duración dende as dúas horas e média orixinais até 102 minutos.

Titulado coma The Cabal Cut no circuito de festiváis, esta versión ampliada contén mais de 45 minutos extra de material nunca visto até agora, e que seica é a versión orixinal do mesmo Barker.