Zhang Ziyi regresa a Tigre e Dragón

0
274

A secuela do filme de culto de Ang Lee Wò hu cáng lóng (Tigre agazapado, Dragón agochado) continúa a dar pasos cara adiante e esta semana a The Weinstein Company anunciou o regreso dunha das estrelas protagonistas do filme orixinal.

Zhang Ziyi está a manter conversas para volver interpretar o seu papel de Jen Yu nas secuéncias de flashback para o novo filme, que estará centrado esta vez en Yu Shu Lien (Michelle Yeoh). Donnie Yen tamén regresará para o seu papel do Lobo Silandeiro.

O guión desta segunda parte titúla-se Tigre agazapado, Dragón agochado, o destino verde e está escrito por John Fusco (The Forbidden Kingdom, Hidalgo) baseado en Silver Vase, Iron Knight, o quinto libro da pentaloxía do Grou de Ferro.

Wo Ping Yuen fíxo-se co posto de director neste proxecto, que comezará a se rodar o vindeiro mes de marzo.