Branagh podería dirixir Thor

0
200

Kenneth BranaghTodo semella apuntar a que Kenneth Branagh está en negociacións para dirixir Thor, o vindeiro persoaxe da Marvel Comics que será transformado en celuloide nun filme con acción real polos Estudos Marvel. A longametraxe aparecerá en 2010.

A elección do xefe dos estudos Marvel, Kevin Feige, é un pouco abraiante, xa que Branagh non dirixe ningún filme de acción dende que debutara como realizador con Henrique V, unha sanguenta narración da conquista de Franza polos ingleses.

Branagh é o último nunha longa lista de directores, entre os que se atopan Jon Favreau (Iron Man), Christopher Nolan (a saga de Batman) ou Gavin Hood (X-Men Origins: Wolverine) que estiveron algunha vez no punto de mira dos produtores para se encargaren deste filme.

A adaptación para o cinema de Thor conta cun guión de Mark Protosevich e vai sobre o estudante de medicina Donald Blake, quen é secretamente o deus nórdico Thor, en quen se convirte ao bater nalgures co seu mazo de batalla.

A Marvel financiará este filme ela mesma grazas a un creto de 500 millóns de dólares concedido pola Merrill Lynch. A Marvel utilizou eses cartos para realizar ademáis Iron Man e O Incríbel Hulk e pensa gastar o que fique para a secuela de Iron Man que contará unha vez máis co director Favreau e mais o protagonista Robert Downey Jr.

As negociacións de Thor pdoerían ser un punto de inflexión na alicaída carreira de Branagh, quen nestes intres ten que recurrir aos teatros en Londres, onde está a representar unha obra titulada Ivanov. Últimamente puidémo-lo ver no filme de Bryan Singer Valkyrie.