Ultrón perde poderes

0
258

O realizador Joss Whedon ven de dar a coñecer novos detalles sobre a história da orixe do malvado robot Ultrón que pdoeremos ver na secuela de The Avengers na Marvel Studios.

Whedon dixo que a nova versión no cinema deste persoaxe será un pouco mais fundamentada. Coma efecto lateral isto sinificará que Ultrón vai perder moitos dos seus poderes aos que os leitores do cómic están acostumados:

Coma persoaxe, encánta-me porque está sempre cabreado. Souben decontado o que que quería facer con el. sempre está tentado destruír aos Vingadores, maldita sexa, seica ten unha abella no gorro.

Non é un tipo feliz, o que sinifica que é un tipo interesante. Ten dór. E o xeito no que o manifesta non vai ser o xeito estándar dun robot.

Así que ímos-le quitar moitos dos seus poderes porque nalgún intre todo o mundo fai-se máxico, e xa teño alguén (a Bruxa Escarlata) que é unha meiga“.

A rodaxe está prevista para escomezar en febreiro.