Ben Affleck é o novo Batman

0
268

Xa é oficial. A Warner Bros. Pictures revelou que Ben Affleck interpretará a Bruce Wayne e Batman na vindeira película de Zack Snyder, que protagonizará a parella Batman / Superman, este último interpretado por Henry Cavill.

Greg Silverman, o presidente do departamento de desenvolvemento creativo da Warner Bros., dixo: “Sabíamos que precisabamos dun actor extraordinário para se facer cun dos mais populares superheroes da DC Comics, e Ben Affleck de seguro dá o tipo e mais“.

Pola súa banda, Snyder engadiu: “Ben proporcionará un interesante contrapeso ao Superman de Henry. Ten o xeito para crear o retrato en capas dun home que é mais vello e mais sábio ca Clark Kent e leva as cicatrices dun experto loitador contra o crime, pero retendo o encanto que o mundo ve no millonário Bruce Wayne. Non podo agardar a traballar con el“.

Pero menos dun día despois do anúncio, as reaccións non se fixeron agardar e distan moito de seren positivas. Affleck, de 41 anos, non é a elección agardada para os fans, que non esquecen como despois de rematar co persoaxe de Daredevil en 2003, afirmou que nunca mais volvería facer cinema fantástico.

En calquera caso, os críticos de Affleck non agardaron moito e xa hai unha proposta oficial para rexeitar a elección, que a estas horas leva mais de 51.000 sinaturas rexistradas.

A secuela do filme Man of Steel anunciára-se hai escasas semanas no decurso da Comic-Con e ergueu moita especulacións sobre quen podería interpretar ao Cabaleiro Escuro, pero o nome de Affleck nunca estivo na mente de ninguén.

A Warners ten a intención de estrear a película o 17 de xullo de 2015.