Cooper substitúe a Affleck en “The Stand”

1016

Após da súa decisión de aceptar o papel de Batman, Ben Affleck seica está ocupado reaxustando o seu calendário de traballo para os vindeiros meses.

Asemade, estaba previsto que dirixira o filme Live By Night a comezos do ano que ven, pero este proxecto terá que agardar agora e fica en suspenso.

Por riba, Affleck tivo que abandoar outro compromiso, o que tiña para dirixir o remake do thriller Tell no One, unha obra de Harlan Coben levada ao cinema polo francés Guillaume Canet en 2006 baixo o título de Ne Le Dis à Personne.

Ademais, Affleck deberá dicir adeus á súa ideia de dirixir a adaptación ao cinema da novela The Stand de Stephen King, para a que os produtores xa se deron presa para atopar outro encargado, o realizador Scott Cooper (Crazy Heart).

Cooper adicará as vindeiras semanas a reescribir o guión para este proxecto que a Warners quere poñer en marcha canto antes, após de que outra novela de King, Under the dome, estea a triunfar na televisión nestes intres.