Whedon non desbota matar heroes

0
218

É altamente improbábel que mentres sexan donos da franquía dos Vingadores, o realizador Joss Whedon decida  matar a algún dos seus persoaxes protagonistas.

Pero así e todo, a obra de Whedon caracteríza-se decote polo seu gusto en facer avanzar a história con xiros sorpresa e co desenvolvemento rápido de novos persoaxes. E un avance xa se puido observar na primeira parte coa (agora din que só aparente) morte do axente Coulson.

Whedon xa fixo públicos os seus desexos de ir rotando aos persoaxes protagonistas dos Vingadores, de tal xeito que veremos a algúns heroes ir e vir. A custión aquela é se ten previsto matar a algún dos persoaxes, e nunha entrevista cos nosos colegas de EW, dixo:

Se cadra si, pero debería ter unha razón realmente boa, unha secuéncia realmente boa para que os executivos da Marvel dixeran ‘iso está ben!’. Eles saben que sen riscos, sen auténtico perigo, até onde podemos chegar?

Non-o desbotei aínda, pero a nosa misión non é ver a quen podemos matar. Tentamos construír a história dun xeito orgánico e coidar como de difícil o podemos poñer a esta xente. Vas ao cinema a ver sufrir á xente á que amas“.