Un conto de fadas por 2,7 millóns

0
219

J.K. RowlingUnha das sete cópias de Os contos de Beedle o bardo, un conxunto de relatos de fadas escritos e ilustrados a man pola escritora inglesa J.K. Rowling, ven de se axudicar en Londres por 1,95 millóns de libras (uns 2,7 millóns de euros).

Esta cifra, que marca o récord mundial para un manuscrito dun autor vivo e a cantidade máis alta pagada por unha obra da creadora de Harry Potter, multiplica por 39 as previsións máis optimistas da casa de poxas Sotheby’s, que estimaba que o prezo podía chegar ás 50.000 libras (case 70.000 euros).

Tráta-se da primeira obra que Rowling escribe dende a publicación en xullo da sétima e derradeira entrega da saga do famoso meigo, Harry Potter and the Deathly Hallows, e os case dous millóns de libras recadados coa sua venda irán a unha organización benéfica cofundada pola escritora, The Children’s Voice.