12 Monos na pequena pantalla

0
251

A canle de televisión Syfy ven de encargar oficialmente a relización dun episódio piloto para levar á pequena pantalla unha série baseada no clásico filme de ciéncia-ficción de Terry Gilliam 12 Monkeys, estreado en 1995.

Terry Matalas e mais Travis Fickett (Terra Nova) foron os encargados de escribir o guión para este episódio piloto dunha hora de duración, e que comezará a se rodar xa no mes de novembro.

Este é o segundo episódio piloto que encarga a Syfy recentemente para unha série baseada nunha longametraxe, xa que anteriormente encragara a realización de Dominion, baseada no filme de anxos Legion, dirxido por Paul Bettany en 2010.