Levou-lle vinte anos, pero por fin fíxo-o. Os dinosáuros do clásico filme de aventuras de Steven Spielberg Jurassic Park veñen de se gañar a súa entrada no exclusivo clube dos filmes que recadaron mais de mil millóns de dólares. A longametraxe orixinal fixera 920 millóns nos despachos de billetes aló por 1993 cando foi estreada.
Pero co relanzamento mundial da versión en 3D, que fixo outros 90 millóns no pasado mes de abril, a cifra total xa supera os 1.000 millóns. A pasada fin de semana a fita recadou outros 28,8 millóns de dólares no difícil mercado chinés, onde case a totalidade de cinema americano é pirateado coa complicidade directa das autoridades.
Dos outros filmes que sobrepasaron a cifra de 1.000 millóns de dólares de recadación, todos menos ún pertencen ao xénero fantástico: Avatar, Titanic, Marvel’s The Avengers, Iron Man 3, Harry Potter and the Deathly Hallows Part 2, Transformers: Dark of the Moon, The Lord of the Rings: The Return of the King, Skyfall, The Dark Knight Rises, Pirates of the Caribbean: Dead Man’s Chest, Toy Story 3, Pirates of the Caribbean: On Stranger Tides, Star Wars: Episode I The Phantom Menace, Alice in Wonderland 3D, The Hobbit: An Unexpected Journey e The Dark Knight.