Axuda para as pantasmas de New York

0
437

A canle de televisión por Internet e Vídeo baixo Demanda Hulu ven de encargar a realización dunha nova série de dez episódios de média hora de duración da comédia sobrenatural Deadbeat, para a Lionsgate e mais a Plan B.

A história vai sobre un desafortunado pero dotado home de mediana idade que axuda ás pantasmas de New York a rematar os asuntos que tiñan pendentes en vida.

Os co-creadres de Wilfred, Cody Heller e mais Brett Konner, son os responsábeis desta nova série que dirixe e produce Troy Miller (Flight Of The Conchords).

Dede Gardner, Jeremy Kleiner e Sarah Esberg tamén producirán. A rodaxe escomezará este outono e será emitida a través da Hulu ao longo do ano que ven.