Carter fala sobre X-Files 3

0
253

O creador da clásica série de televisión The X-Files, Chris Carter, ven de se referir unha vez mais á posibilidade de facer unha terceira entrega da saga de longametraxes baseadas na devandita série, cousa que agora depende da decisión da 20th Century Fox:

Coido que todos estamos interesados en reunir de novo ao grupo. Teño unha ideia para unha terceira película na cabeza. A data da colonización xa pasou [na série, a data para a invasión extra-terrestre ía ser o 22 de decembro de 2012] e iso é algo que non pdoemos ignorar. Para a segunda película só tiñamos o orzamento para unha história independente, pero queremos regresar coa mitoloxía“.

Martin Landau e Billy Connolly foran as estrelas convidadas dos dous filmes anteriores. E se tiveran que facer unha terceira, Carter xa ten unha ideia de quen podería estar na película:

Gillian Anderson traballou con Simon Pegg nun filme [How to Lose Friends and Alienate People, en 2008] e dixo que era un grande fan. En realidade xa pensamos en poñe-lo na segunda película, pero non había un papel para el. De feito eu pensaría nel se foramos facer unha terceira parte“.

Mentres tanto, Carter vai regresar á televisión axiña da man da Amazon Studios, que ven de aprobar a realización do episódio pliloto dunha nova série titulada The After, que Carter dirixirá. Polo de agora só se sabe que será un thriller apocalíptico, pero os detalles son moi escasos.