Regresará Spawn o ano que ven?

709

O creador do cómic Spawn, Todd McFarlane, ven de se referir á posibilidade de facer un relanzamento da franquía de filmes baseados no seu persoaxe, e do que se leva falando anos.

Nunha entrevista concedida no decurso da recente Fan Expo en Canadá a pasada fin de semana, McFarlane deu unha longa explicación sobre por que as cousas están a levar tanto tempo e sobre a posibilidade de que por fin haxa boas novas:

O que está a ralentizar as cousas é a negociación de se eu vou escribir o guión, dirixir e producir, pero eu tería que adiar os meus outros proxectos para poder encargar-me desta tarefa. Todo o mundo na miña emrpesa está a dicir ‘temos que atopar o tempo para que Todd remate todo isto’.

Eu coido que será unha rodaxe rápida. Non vai ser un filme cun orzamento enorme con moitos efectos especiais; vai ser mais un thriller de terror, non unha película de superheroes. Teño tanta xente telefonando que ten que se rematar. Fixen moitas promesas que teño que cumprir este ano.

Tiñamos algúns nomes importantes, xente qeu chegou á oficina e dixo ‘eu quero ser parte disto’. Ás veces déron-me os seus guións, e eu din-lles os meus, e dixemos ‘podemos face-lo, é así como se pode facer’, e algúns tipos de actores, cun Oscar, din, ‘en canto estea o guión, imos adiante’. Así que cando estea listo, imos partir cun par de nomes salientábeis.

Os produtores queren que entregue o guión a finais deste ano, o que básicamente sinifica que comezariamos a rodaxe o ano que ven. ese é o obxectivo agora mesmo“.