Batman vs. Superman rodará-se en Detroit

0
279

A Oficina de Cinema do estado de Michigan anunciou que o vindeiro filme de Zack Snyder, a secuela de Man of Steel, comezará a se rodar no centro de Detroit e por todo o estado de Michigan durante o primeiro cuarto de 2014.

A Warner Bros. Pictures elixiu Michigan após de que os estudos obteran unha subvención para rodar mais barato naquela estado. O proxecto recebiu unha subvención de 35 millóns de dólares, a deducir dunha partida global de 131 millóns que tiñan para animar as rodaxes na rexión.

A directora da Oficina de Cinema, Margaret O’Riley, dixo: “Este proxecto dará mais forza á reputación de Michigan e á zona metropolitana de Detroit coma destino primordial para a rodaxe. Esperamos que os focos brillen na nosa incríbelmente talentosa equipa e que iso anime aos negócios a se estableceren aquí en Michigan“.

Snyder está a escribir o guión xunto a David S. Goyer. Charles Roven e Deborah Snyder serán os produtores.

Henry Cavill, Ben Affleck, Amy Adams, Laurence Fishburne e Diane Lane serán os protagonistas deste filme, que chegará ás pantallas de cinema no verán de 2015.