Amanda Waller aparecerá en Arrow

933

Seica Flash e mais o Canário Negro non serán os únicos persoaxes importantes da DC Comics que aparecerán ao longo da segunda tempada da série da The CW Arrow. A CW semella decidida a, unha vez presentado o persoaxe, utilizar todo o seu potencial coma membro salientábel do Universo da DC Comics.

Así, no sexto episódio da vindeira tempada, titulado Keep Your Enemies Closer, aparecerá a encarnación da malvada Amanda Waller.

Nos cómics, o persoaxe é unha antiga asesora do Congreso e axente do governo, decote máxima responsábel do Escuadrón Suicida (un grupo de superfalcatruáns inmigos dos Vingadores). Mais adiante, convérte-se na axente secreta Xaque Mate.

Na versión de Arrow, lidera á A.R.G.U.S. e secuestra a Diggle (David Ramsey) no episódio. Agárda-se que o persoaxe aparece mais de seguido na série, pero polo de agora non se sabe quen a interpretará.

A actriz CCH Pounder emprestou a súa voz ao persoaxe na série de debuxos animados Justice League Unlimited e Pam Grier interpretou o papel na novena tempada de Smallville, mentres ca Angela Bassett foi quen fixo o papel na longametraxe Green Lantern.