James Spader é Ultron

0
209

James Spader ven de se converter oficialmente no supervilán Ultron na vindeira película da Marvel Avengers: Age of Ultron.

O actor, gañador do prémio Emmy, porá-lle a voz ao persoaxe robótico nesta agardadísima secuela do filme dos Vingadores, que chegará ás salas de cinema o 1 de maio de 2015.

Spader é un habitual de moitas séries de televisión (coma The Office) e xa gañou tres prémios Emmy na súa carreira pola súa interpretación do avogado Alan Shore na série Boston Legal e en The Practice. Axiña poderémo-lo ver na televisión este outono na série da NBC The Blacklist.