Abrams planea unha série de Westworld

1041

As canles HBO e Warner Bros. TV xunto coa produtora de J.J. Abrams, a Bad Robot, veñen de se comprometer a producir un episódio piloto para o que será unha nova série de televisión baseada no clásico de culto Westworld, que dirixiu Michael Crichton en 1973.

O filme orixinal, protagonizado por Yul Brynner, estaba ambientado nun futuro próximo, onde existen uns parques de atraccións de alta tecnoloxía e totalmente realistas para adultos chamados Delos.

Os parques están povoados por androides que eran case indistinguíbeis dos seres humanos, pero nun intre determinado comezan a funcionar incorrectamente e matan aos visitantes.

J.J. Abrams, Jonathan Nolan, Bryan Burk e Jerry Weintraub serán os produtores executivos deste proxecto. Nolan ademáis escribirá o guión e dirixirá o episódio piloto.