Dorothy deberá morrer na tele

958

O creador da série Heroes, Tim Kring, está a negociar coa canle The CW network para desenvolver o drama Dorothy Must Die, baseado na vindeira novela para adolescentes de Danielle Paige.

A série será unha adaptación revisionista e ambientada na actualidade d’O Meigo de Oz, oito décadas despois de que a súa protagonista Dorothy Gale, semellara regresar a casa.

Pero en realidade, a etérnamente nova Dorothy ficou en Oz, governando o país das fadas cun xeito fascista e con puño de ferro, apoiada polos seus axudantes persoais: o Espantallo, o Home de Folla-de-Lata e mais o León Covarde.

Neste intre, outra rapazola de Kansas chega a este mundo case en guerra e convérte-se na líder dun movemento revolucionário secreto de bruxas e seres enmeigados, disposta a recuperar Oz das mans da sanguinária Dorothy.

Adam Armus e Nora Kay Foster escribiron o guión, que polo de agora xa supón o cuarto proxecto en desenvolvemento baseado nos mundos de Oz na televisión.