Cando os soños se fan realidade

0
218

O director do filme Oculus, Mike Flanagan, ven de escoller a película de terror psicolóxico Somnia da Intrepid Pictures e a Demarest Films coma o seu novo proxecto.

Jeff Howard escribiu o guión sobre un neno orfo cuxos soños se fan reais mentres durme. A história explora os vencellos cos seus pais entre secuéncias de terror visceral saídas da imaxinación dun neno.

Trevor Macy, William D. Johnson e Sam Englebardt serán os produtores. A rodaxe escomezará a finais deste outono.