Shivers de Cronenberg terá un remake

0
303

A actriz e cineasta danesa Rie Rasmussen ven de ser contratada para dirixir un remake do clásico filme Shivers, que foi a primeira película que dirixiu David cronemberg aló polo 1975, para a TAJJ Media e a Baker’s Bunk 11.

O guión de Ian Driscoll actualiza a história do brote infeccioso causado por un parásito que converte aos residentes dun complexo de apartamentos en féras sexuais. O novo filme será unha actualización “nun mundo dixital após do sida”.

O filme orixinal recebiu outros títulos dependendo dos países onde se estreou e gañou o prémio ao millor director no antigamente prestixioso Festival de Cinema de Sitges en 1975.

Jeff Sackman e Michael Baker producirán este proxecto, que pretende escomezar a súa rodaxe no mes de febreiro.