Alan Taylor dirixe ao novo Terminator

0
219

O director de Thor: The Dark World e habitual responsábel de moitos episódios de Game of Thrones, Alan Taylor, está en conversas para se encargar do relanzamento da franquía de Terminator para a Skydance Productions, a Paramount e mais a Annapurna Pictures.

Polo de agora non se coñecen detalles sobre o argumento, agás que será o primeiro filme nunha nova triloxía. Tampouco se sabe que papel vai ter Arnold Schwarzenegger no filme.

Taylor fíxo-se co posto batendo a outros posíbeis candidatos, entre os que se atopaban Ang Lee, Rian Johnson e Denis Villeneuve, todos os cales foron considerados para o choio.

Laeta Kalogridis e Patrick Lussier escribiron o guión, mentres ca David e Megan Ellison serán os produtores. Agárda-se unha estrea para o 26 de xuño de 2015.