Remake do Corazón do Anxo

0
155

Os dous protagonistasMichael De Luca ven de se asociar con Alison Rosenzweig e Michael Gaeta para desenvolver un remake para a pantalla grande do thriller sobrenatural de 1987 que protagonizaran Mickey Rourke e Robert de Niro, O Corazón do Anxo.

Os produtores veñen de se facer cos dereitos para o cinema que posuía unha empresa privada inglesa.

De Luca, Rosenzweig e Gaeta tamén se fixeron cos dereitos do libro no que está baseado o filme, a novela Falling Angel que escribiu William Hjortsberg.

O filme orixinal, que na súa época ocasionara un pequeno escándalo por mor das súas escenas de sexo, contara co guión e a dirección de Alan Parker, e ademáis estaba protagonizado pola daquela “inocente” rapaza Lisa Bonet, que tan só aparecera na série televisiva de Bill Cosby.

A novela vai sobre a investigación de Harry Angel, un detective privado de New York que é contratado por un misterioso cliente para que atope a un tal Johnny Favorite que lle debe cartos e que fora hai tempo un cantante popular. Pero mentres segue as pegadas de Favorite, Harry deberá enfrontar-se a escuras forzas sobrenaturais.

Sobre a película se fixera uns anos despois un videoxogo para o ZX Spectrum, que podedes atopar doadamente neste ligazón.