Ant-Man adiánta-se a xullo de 2015

756

A Marvel ven de adiantar lixeiramente o comezo da súa terceira fase de expansión do seu universo polo cinema, movendo uns poucos meses a estrea do Ant-Man de Edgar Wright.

Orixinalmente a estrea estaba prevista para o 6 de novembro de 2015, pero agora só haberá que esperar por este filme de superheroes até o 31 de xullo de 2015, é dicir, á penas duas semanas despois da estrea da secuela de Man of Steel.

Á parte desa posíbel sombra, Ant-Man polo de agora non conta con ningún outro filme que lle poida facer competéncia nesas datas, unha das mais tranquilas do verán que xa se está a coñecer coma “o millor verán da história” para os espectadores de cinema.

O cámbio da data en todo caso quere server para fuxir do mes de novembro, cando se estreará o vindeiro filme de James Bond.