Xa hai guionista para o terceiro G.I. Joe

736

O guionista de Snow White and the Huntsman, Evan Daugherty, ven de ser contratado para escribir a terceira entrega da série cinematográfica de G.I. Joe para a Paramount e mais a Hasbro.

O responsábel de G.I. Joe: Retaliation, Jon M. Chu, regresará á cadeira de director para esta nova película, que na súa anterior secuela conseguiu recadar 371 millóns de dólares en todo o mundo.

Lorenzo di Bonaventura será o produtor. Daugherty tamén traballara anteriormente noutro proxecto de última hora, a re-escritura do guión do relanzamento das Tartarugas Mutantes que producirá Michael Bay para a Paramount.