O director de Rio e Ice Age, o brasileiro Carlos Saldanha, está a negociar a posibilidade de se converter nun director de filmes de acción real grazas a un proxecto de ciéncia-ficción: a película Rust que está a planear a 20th Century Fox e mais a Genre Films.
De aceptar, sustituiría ao realizador inglés Joe Cornish (Attack the Block) que abandonou o proxecto hai unhas semanas, sen que polo de agora se coñezan os detalles do porqué.
Ambientada após dunha devastadora guerra mundial, a história de Rust vai sobre unha família de granxeiros cuxas vidas mudan de súpeto cando Jet Jones, un rapazolo cunha mochila foguete aterriza no seu cortello mentres tentaba fuxir dun robot de guerra xigante.
Aline Brosh McKenna (The Devil Wears Prada) adaptou o guión a partir da novela gráfica de 2011 orixinal de Royden Lepp Rust: Visitor in the Field. Simon Kinberg será o produtor deste filme, que será apto para todos os públicos.