Heard e Thornton nos Campos de Londres

0
183

Amber Heard, Billy Bob Thornton, Jim Sturgess e mais Theo James son os protagonistas do filme que Mathew Cullen adapta para a pantalla grande a partir da novela de mistério futurista de Martin Amis London Fields.

Amis e Roberta Hanley escribiron o guión, no que Heard interpreta a unha hipnótica e clarividente muller fatal no submundo londinense, no que está a argallar un plan para que se cumpra a profecía do seu próprio asasinato.

A súa rede captura a un escritor que está enfermo terminal (Thornton), un estafador (Sturgess) e mais a un banqueiro con problemas no seu matrimónio (James). O escritor a convence para que lle permita escribir a súa história nun libro.

Chris Hanley, Jordan Gertner e Geyer Kosinski serán os produtores deste filme que escomezou a se rodar esta semana en Londres e que ten previstaa súa estrea para finais de 2014.