En marcha a secuela de World War Z

785

Mália os seus moitos problemas durante a rodaxe, o orzamento disparado e mais o aparente final pechado do filme que fan difícil unha secuela, a Paramount está a considerar seriamente a posibilidade de facer unha segunda parte do seu filme épico de zombis World War Z.

Todo isto non debería ser unha sorpresa, xa que a película non só recadou 536 millóns de dólares en todo o mundo (é con moita diferéncia o filme protagonizado por Brad Pitt que dá mais benefícios) senón tamén unhas críticas moi positivas, converténdo-o dun previsíbel desastre a unha sorpresa moi agradábel para os estudos. Así que mentres sexan capaces de manter a raia o orzamento, a probabilidade dunha secuela ten moito sentido.

Durante a súa recente aparición no Festival de Cinema de Toronto, o actor Brad Pitt dixo:

Estamos de feito a falar diso, si. Temos moitas ideias sobre a mesa de cando estabamos a desenvovler isto e imaxinando como funcionaría o mundo dos zombis… imos facer o guión primeiro para saber se podemos continuar“.

Pitt recoñeceu que son os estudos os que están a presionar para que se faga outra película e que desenvolver unha história non sería difícil porque o libro de Max Brooks no que se baseou o filme orixinal non se utilizou demasiado, así que “temos moitas ideias e moita información, coidamos que temos moito material de onde tirar“.