A Disney adía aos novos Piratas

0
273

O ateigado verán de 2015, que polo de agora conta cunha sobredose de filmes por estrear, ven de se facer cun pequeno óco.

A Disney Pictures adiou a estrea de Pirates of the Caribbean: Dead Men Tell No Tales, a quinta entrega da súa saga, alomenos por outros seis meses.

Programado orixinalmente para o 10 de xullo de 2015, a Disney confirmou que a película non poderá estar a tempo para esas datas, así que haberá que agardar até 2016 probábelmente.

Jeff Nathanson escribiu o guión desta história, que será dirixida por Joachim Rønning e mais Espen Sandberg (Kon-Tiki).