Jessica Findlay aparece en Frankenstein

0
194

Jessica Brown Findlay (Downton Abbey) ven de se facer co papel feminino protagonista do filme Frankenstein da 20th Century Fox.

Paul McGuigan (Sherlock) dirixirá esta nova versión do clásico de terror de Mary Shelley, esta vez contada desde a perspectiva do axudante xorobado Igor (Daniel Radcliffe) que traballa para o doutor Victor Frankenstein (James McAvoy).

Findlay interpretará a unha trapecista do circo que foi salvada dun accidente por Igor, e após do cal a parella comeza a manter unha relación.

Max Landis (Chronicle) escribiu este guión, qu ecomezará a se filmar en outono en Londres e Escócia, coa produción de John Davis.