Robert Zemeckis dirixe Chaos Walking

0
312

Após do seu regreso á dirección de actores de carne e óso o ano pasado co filme de 2012 Flight, Robert Zemeckis está a manter conversas para se encargar da realización da popular novela para adolescentes de Patrick Ness Chaos Walking para a Lionsgate e mais a Quadrant Pictures.

O galardonado guionista Charlie Kaufman está a adaptar o libreto, ambientado nun mundo distópico no futuro onde non hai mulleres e onde todas as creaturas vivas poden escoitar os pensamentos dos demais nun torrente de imaxes, palabras e sóns ao que chaman “o ruído”.

Doug Davison será o produtor.