J.K. Rowling regresa ao mundo de Harry Potter

922

A Warner Bros. e mais J.K. Rowling veñen de presentar o novo proxecto que promete resucitar a exitosa franquía de Harry Potter que durante dez años protagonizou Daniel Radcliffe, ainda que non será nin unha secuela nin unha precuela.

Fantastic beasts and where to find them será o proxecto que se levará á pantalla grande, un libro escrito por Rowling que contén abondosa información sobre as extrañas creaturas que habitan o universo da saga Harry Potter. O texto aparece mencionado na trama do xoven meigo coma ún dos libros que tanto Harry coma os seus compañeiros usan para estudar, escrito por Newt Scamander.

Por iso estes novos episódios estarán protagonizados por Scamander e será a mesma Rowling a encargada de escribir o guión da nova série de películas.

Todo comezou cando a Warner Bros. acudiu a min coa suxestión de converter Fantastic beasts and where to find them nunha película“, dixo Rowling nun comunicado no que confesa que a ideia pareceu-lle divertida, pero que logo se decatou de que non aturaría ver a Newt Scamander noutras mans. Foi daquela cando decediu vencellar-se persoalmente no proxecto.