As orixes de Star Wars, confirmadas

0
269

O director de finanzas da Disney, Jay Rasulo, falou esta semana nunha conferéncia de investidores e confirmou sen quere-lo unha parte dos proxectos que a compañía ten sobre a franquía de Star Wars.

Coma xa sabiamos de antemán, Star Wars Episode VII será o comezo dunha nova triloxía de filmes, que se estrearán ún cada dous anos a partir de 2015.

Ao mesmo tempo, a Disney está a traballar nunha série de filmes independentes que enchan os ócos temporáis entre os filmes principáis da triloxía. Así, o primeiro sairá en 2016 e o segundo en 2018.

Agora, Rasulo confirmou que eses dous filmes independentes serán histórias sobre as orixes dos persoaxes da saga e que a compañía quere ir alternando cada ano un filme da triloxía cunha história sobre a orixe.

A primeiros deste ano oíran-se rumores sobre un filme sobre a orixe de Yoda, pero este dato non foi mencionado durante o discurso na conferéncia.