J.J. Abrams fala dos plans de Star Trek 3

0
261

O realizador J.J. Abrams semella por fin disposto a deixar a un lado o seu cargo coma director da franquía de Star Trek e adicar-se de cheo ás súas labouras coma máximo responsábel da outra grande franquía da ciéncia-ficción, Star Wars.

Así, cando nunha entrevista esta mesma semana lle preguntaron sobre a posibilidade de que o director de Rise of the Planet of the Apes, Rupert Wyatt, tome as rendas da terceira parte de Star Trek, Abrams dixo:

“Rupert ten un talento incríbel e teríamos moita sorte de poder contar con el. Pero hai cousas nas que debemos enfocar-nos antes que de quen será o director, que é sobre todo os fundamentos sobre cara onde vai ir a história”.

Abrams en todo caso ficará vencellado ao proxecto coma produtor, pero non quere dar a coñecer mais detalles polo de agora:

Planeo estar vencellado á história e producir o filme. Sínto-me moi feliz de participar en todo isto. Este filme remata co comezo da misión quinquenal, así que imos seguir po raí. Aínda é moi cedo para discutir os detalles, pero hai algunhas ideias moi emocionantes sobre o que vai vir deseguido“.