Ainda que era ún dos tres nomes que se barallaban para o papel, tan só foi onte cando se puido confirmar oficialmente que Grant Gustin será o novo intérprete de Flash, o superheroe do universo DC.
O ex-protagonista da série Glee fará-se co papel de Barry Allen/Flash ao longo de tres episódios da segunda tempada da série Arrow da canle The CW.
Un deses episódios desta tempada será unha porta aberta para unha posíbel série baseada no persoaxe, e que escomezaría cun episódio piloto.
Nesta versión, Allen é un forense axudante do corpo de policía de Central City que está a investigar unha série de roubos inexplicados e que poden ter relación co seu próprio pasado.
O persoaxe, que será presentado coma unha persoa normal, segundo os responsábeis do programa, é tamén un grande fan dos cómics e está obsesionado coas accións de Frecha Verde.
A nova tempada de Arrow estréa-se o vindeiro 9 de outubro.