Contos de Terramar

0
195

Cartace do filmeO vindeiro venres 21 de decembro estreará-se nos cinemas de Galiza a última produción de animación dos Estudos Ghibli, Contos de Terramar. Baseada nas novelas do Ciclo de Terramar de Ursula K. Le Guin, Contos de Terramar é a primeira película como director de Goro Miyazaki e conta coa participación na sua banda sonora do gaiteiro galego Carlos Núñez.

Contos de Terramar narra as aventuras do xove Arren, príncipe do reino de Enlad, que decidirá aliar-se ás forzas do grande meigo Gavilán para restablecer o equilíbrio do mundo roto por unha bruxa maléfica. Na batalla que se libra, Arren e Gavilán atopan a Therru, unha misteriosa rapaza. Xuntos superarán os seus medos e unirán os seus destinos para emprender unha viaxe fascinante.

O Ciclo de Terramar está considerado coma un dos grandes clásicos da literatura fantástica. Ursula K. Le Guin, a sua autora, tamén ten sona por A man esquerda da escuridade, novela galardoada co prémio Nébula en 1969 e o Hugo en 1970, así coma por Os Desposuídos, que obtivo os prémios Nébula 1974 e Hugo 1975. O Ciclo de Terramar está composto polas novelas Un meigo de Terramar, As Tumbas de Atuán, A costa máis afastada, publicadas entre 1968 e 1972 (reagrupadas nun só volume, Terramar), Tehanu, escrito 18 anos máis tarde, en 1990, Contos de Terramar en 2001 e Noutro vento en 2001.