A Relativity Media ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema a novela gráfica de ciéncia-ficción Anomaly, orixinal de Skip Brittenham e mais Brian Haberlin.
Ambientada no ano 2717, a humanidade vive agra en colónias fóra da terra controladas por unha megacorporación chamada o Conglomerado, e que se adica a saquear outros planetas na procura dos seus recursos naturáis.
A história está enfocada nun ex-empregado do Conglomerado caído en desgraza e que agora lidera un grupo de rudos exploradores nunha misión para contactar por primeira vez cun planeta recén descoberto, que resultará ser unha trampa mortal.
Ed Ricourt está a escribir a adaptación. Joe Roth, Ryan Kavanaugh e Tucker Tooley serán os produtores.