Anúncian Insidious 3 oficialmente

935

A Entertainment One (eOne), a FilmDistrict e mais a Sony Pictures Worldwide Acquisitions (SPWA) veñen de anunciar que van desenvolver un terceiro episódio da súa franquía de terror Insidious, caracterizada polo seu baixo orzamento.

Insidious Chapter 2 estreou-se a pasada fin de semana nos estados Unidos e Canadá, recadando decontado mais de 40 millóns de dólares nas billeteiras, unha das millores estreas dun filme de terror de todos os tempos.

O guionista da série, o australián Leigh Whannell, xa confirmou que se vai encargar tamén da terceira entrega, mentres ca Jason Blum e Oren Peli regresarán coma produtores.

Polo de agora non se fixo ningunha mención aos actores do reparto, nin tampouco ao seu director, James Wan. De feito Wan está a traballar arestora na sétima entrega de Fast and Furious e hai uns meses declarou que está mais ca farto do terror e que non quere volver falar do seu pasado coma exitoso mestre deste xénero (Saw, Dead Silence, The Conjuring).

Mentres tanto, e para os fans que non poden agardar a saber mais, a FilmDistrict ven de lanzar unha websérie precuela, cuxo primeiro episódio xa podedes ver neste ligazón.