Haberá spin-off de The Walking Dead

928

A canle de televisión AMC anunciou que están a desenvolver unha nova série baseada no seu éxito The Walking Dead, e que a nova série comezará a se emitir en 2014.

The Walking Dead é nestes intres a série de televisión mais vista polos espectadores de entre 18 e 49 anos. O presidente da canle, Charlie Collier, dixo: “Construír sobre o éxito da série mais popular entre os espectadores de entre 18 e 49 anos é literalmente pan comido. Anceiamos traballar con Robert, Gale e Dave de novo para desenvolver unha história totalmente nova e un reparto de persoaxes. É un mundo grande e non podemos agardar a lles dar aos espectadores outra versión totalmente inesquecíbel do apocalipse zombi“.

Robert Kirkman, quen creou o cómic no que se basea a série, dixo: “Após de dez anos escribindo a série de cómic e estando tan preto da estrea da cuarta e na miña opinión millor tempada da série de televisión, non podería estar mais emocionado por ter a oportunidade de crear un novo recuncho do universo de The Walking Dead. A oportunidade de facer unha série que non estea atada polos acontecementos do cómic, e é unha páxina realmente en branco, espertou a miña carreira creativa“.

Kirkman, Gale Anne Hurd e mais David Alpert estarán a bordo coma produtores executivos deste série spin-off. E mentres, a cuarta tempada de The Walking Dead regresará á canle AMC o vindeiro 13 de outubro.