O director de X-Men, Bryan Singer, e mais a súa empresa produtora, a Bad Hat Harry Prods. están a desenvolver unha série titulada Creature At Bay para a canle de televisión Syfy e mais a Universal Cable Productions.
John Cabrera (H+) escribirá un guión para o episódio piloto de 90 minutos deste proxecto, ambientado no xurdimento dun monstro xigante na costa norde Califórnia, e contra o que deberá loitar o exército americano.
A história centrará-se nun subsecretário de xestión intermédia da Axéncia de Control de Emerxéncias de Califórnia, que é encargado de liderar os traballos de limpeza mentres a vila próxima se converte no foco de atención do mundo.
Singer, Jason Taylor e mais Cabrera serán os produtores executivos.