O director californián Victor Salva (Jeepers Creepers) ven de se converter no máximo responsábel do flme independente Purgatory, que misturará os vampiros e mais o Vello Oeste baixo a produción da Cat and Mouse Films.
Ambientada en 1892 en New Mexico, a história céntra-se nun shériff acabado e un cazador de vampiros inglés. A parella decide unir-se para loitaren contra un clan de vampiros que quere destruír unha vila aillada e declarada ceibe de armas no médio de ningures.
Denis Faye escribiu o guión deste filme, que producirán Nick Sternberg e Jesse Felsot.